Arquivo da categoría: Atlantis Stelae

Atlantis Stelae 030 (09-06-2018)

Cumprindo a cita quincenal, volve Atlantis Stelae, desta volta sen Marcelo Saforess, que non puido participar por causas persoais pero cheos de contidos:
Coma sempre, Germán Valcarce tróuxonos o resumo de feitos que sucederon na semana; ademais, desta volta, o noso historiador quixo falarnos da curiosa maldición que sufriron os Estados Unidos, concretamente, aqueles presidentes que escomezaban o seu mandato nos anos que remataban en 0.
Jonatan Barral trouxonos unha serie de noticias relacionadas co espazo.
Finalmente queremos agradecer a participación no programa desta semana a David Leiro, que compartiu connosco parte do programa, e a Iria Piñeiro que, ademais de manterse na ponte de mando, tamén achegou o seu gran de area.

Atlantis Stelae 029 (26-05-2018)

No programa desta semana, Germán Valcarce volve contarnos cales son aqueles feitos chamativos, ou non, que sucederon nesta semana. Marcelo Saforess falou connosco dos desaparecidos. É sinxelo desaparecer? Cales poden ser as causas de que alguén queira desaparecer sen deixar rastro? Haberá algunha entidade que fai desaparecer ás persoas?
Finalmente, Jonatan Barral quíxonos falar do caso do cosmonauta soviético Serguéi Krikalev, que quedou varado no espazo durante un ano.

Atlantis Stelae 028 (12-05-2018)

Atlantis Stelae 027 (14-04-2018)

Atlantis Stelae 026 (31-03-2018)

Atlantis Stelae 025 (17-03-2018)