Arquivo da categoría: La Butaca Indiscreta

La Butaca Indiscreta 014 (19-04-2018)

Despois de certos problemas técnicos, pospoñemos Amadeus para a semana que ven, non sen antes lembrar e repasar a traxectoria do seu recientemente falecido director, Milos Forman. Comentaremos El Fantástico Sr. Fox, film de Wes Anderson, Antonio falaranos de literatura clásica e cine, Ántar achegaranos á carreira de Viggo Mortensen, Antón traeranos novas bandas sonoras para xogar ao seu quiz e Guille contaranos algunha das esceas improvisadas máis coñecidas (e outras non tanto). ¡Esperámosvos, coma sempre, en La Butaca Indiscreta!

La Butaca Indiscreta 013 (12-04-2018)

No programa de hoxe comentaremos El hombre elefante, de David Lynch e recordaremos a Isao Takahata, cofundador de Studio Ghibli, que faleceu a semana pasada aos 82 anos de idade. Antonio falaranos de fantasía con Harry Potter ou O Señor dos Aneis e as obras literarias do mesmo nome. Antón traerá o seu quiz de bandas sonoras e Guille e Ántar falarannos dunha peli moi importante e dun actor especial para cada un respectivamente. Esperámosvos, coma sempre, en La Butaca Indiscreta.

La Butaca Indiscreta 012 (05-04-2018)

No programa desta semana mergullámonos na espiral da fama autodestrutiva de Birdman e as problemáticas sociais italianas de Novecento. Antón volve co seu test de bandas sonoras, Antonio infórmanos de obras de ciencia ficción que veñen da literatura e os rapaces de ouro, Ántar e Guille, preséntannos o seu top 5 de peores películas… Esperámosvos en La Butaca Indiscreta!

La Butaca Indiscreta 011 (22-03-2018)

No programa de hoxe comentamos que nos pareceu Siete Almas, de Will Smith; falamos de Netflix e a súa serie Godless e tamén da súa nova película Annihilation, con Natalie Portman. Antón tráenos outro quiz musical e pode que Antonio leve unha lixeira sorpresa… E coma sempre, loitaremos no minuto de ouro para que a nosa película sexa a gañadora. Esperámosvos!

La Butaca Indiscreta 010 (08-03-2018)

La Butaca Indiscreta 009 (01-03-2018)