Arquivo da categoría: Sexto Grao

Sexto Grao 011 (30-11-2018)

Hoxe sométese ao sexto grao unha persoa que non precisa de presentación, Xosé Manuel Beirras Torrado.

Sexto Grao 009 (13-04-2018), con Lorena Souto

Hoxe sométese ao Sexto Grao Lorena Souto, nada no Páramo en Lugo, estudou filoloxía galega en Compostela, cidade na que viviu ata hai algúns anos en que marchou a Gales como profesora universitaria de galego e para rematar a súa tese de doutoramento. Escritora de varios poemarios galardoados en diversos concursos como Fase de Trema ou Coleópteros, así coma outros proxectos culturais. Con ela usaremos as palabras para falar da palabra.
Seguir lendo

Sexto Grao 008 (16-02-2018) con José Ramóm Pichel Campos

Hoxe sométese ao sexto grao José Ramóm Pichel Campos, nacido no 72 na cidade de Compostela ao terceiro dia exilou-se na Travesa de Vigo e con orixes na Terra de Montes. Enxeñeiro informático pola UDC, cofundador de Imaxin Software no 1997 leva anos investigando e traballando no campo do software e as linguas. Escritor en moitas publicacións como o Galicia Hoxe, Novas da Galiza e diversas revistas así como varios libros como “O galego é uma oportunidade”.

Seguir lendo

Sexto Grao 007 (02-02-2018) con Danny Barreto

Hoxe sométese ao sexto grao Danny Barreto, Portorriqueño nado na emigración nos Estados Unidos, é profesor da universidade de Colgate en Nova Iorque. Doutorouse cun estudo sobre a literatura galega do século XIX, ten estudado o impacto da cuestión nacional, a sexulidade, o xénero e a língua na literatura e agora centra a súa actividade docente e investigadora nos estudos LGBTI.

Seguir lendo

Sexto Grao 006 (26-05-2017) con Mario Regueira

Hoxe sométese ao sexto grao Mario Regueira, Ferrolán e Compostelano de adopción, doutor en Filoloxía Galega especialista en teoría da literatura e literatura comparada, cunha tese de doutoramento sobre a narrativa de post-guerra. Escritor de prosa, poesía e crítico literario, con máis de media ducia de libros publicados. Colabora e colaborou con moreas de publicacións especializadas e xeralistas, das que salienta a súa crítica literaria periódica no Sermos Galiza.

Seguir lendo

Sexto Grao 005 (12-05-2017) con Iria Veiga

Hoxe sométese ao sexto grao, Iria Veiga, con orixes en Ferrolterra, actualmente veciña de Santiago de Compostela, é médica psiquiatra, divulgadora científica no blog O outro lado do espello e participante en Escépticos no Pub, Pint of Science e outras. Colaboradora de Praza Pública, membro de ARP-Sociedade para o Avance do Pensamento Crítico e membro destacado do Movemento Galego pola Saúde Mental. É a recente gañadora do Premio a artigos xornalísticos da lingua Concello de Carballo. Hoxe falaranos da súa mente e da dos demáis entre outros asuntos.

Tracklist:
Nirvana – Lithium
Higgs Boson Blues
Dammi i colori – Recondita armonia
Disc Wars
Musical Offering – Canon 1 BWV 1079
Supermassive Black Hole