Arquivo da categoría: Tempada 2018-2019

Tren de Medianoche 062 (07-12-2018)

Angel Marcelo descóbrenos a faceta máis poética dun cantautor inconfundible: Marwan Abu-Tahoun Recio, máis coñecido como “Marwan”. Coralie Yap-Chine, no “Vagón de los Sentimientos”, cambia de época e de país. Partimos cara o ano 1919 na Rusia dos Bolcheviques para lembrar un intento de abolición do diñeiro. Un episodio da historia bastante pouco coñecido… con música de Stravinsky. Entrevistamos finalmente a Gonzalo M. Gesto Quiñoy, avogado e socio de Fiare, quen respondeu positivamente á nosa invitación para explicarnos o que, a priori, parece máis ben un oxímoron: BANCA ETICA… O diñeiro é tabú ou é posible unha reconciliación?

Select Game 026 (04-12-2018)

Cartuchos ou DVD? Contra, adiviña a canción. Fichaxes do LOL.

Pementa Preta 007 (03-12-2018)

Atlantis Stelae 033 (01-12-2018)

Iniciamos tempada con máis retraso do que nos gustaría, e facémolo con Jonathan Barral, Marcelo Saffores e Germán Valcarce.
O noso historiador de cabeceira decidiu cambiar aquel “Que sucedeu na semana” por un “Grandes descubrimentos…, ou non”, e neste caso vennos falar do descubrimento da tumba dun dos faraóns máis coñecidos.
Marcelo Saffores tráenos curiosidades das misións Apolo, esas preguntas que sempre nos fixemos e que nunca fomos quen de respostar.
Finalmente Jonathan Barral veu cargado con noticias da ciencia e do espacio.
Non o perdades!

Tren de medianoche 061 (30-11-2018)

Marcelo Saffores abre o programa pinchando éxitazos musicais que parecían anunciar ol xurdimento de grandes estrelas do pop rock, e que finalmente quedaron en falsas promesas… Pero sempre recordaremos a Linda Perry cos seus interminables “eeeeh y eeeeeeh y eeeeeeh yeah yeah!!” Coralie Yap-Chine no Vagón dos Sentimentos, trae artigos e entrevistas variadas para abordar un tema moi polémico, con moitas implicacións tanto técnicas como económicas, políticas, sociais e éticas: o transhumanismo, esa filosofía que defende o superhome, a superlonxevidade, a superfelicidade, etc. a través dos avances en biotecnoloxía. Cunha primeira pregunta: e ti, quererías ser inmmortal?

Sexto Grao 011 (30-11-2018)

Hoxe sométese ao sexto grao unha persoa que non precisa de presentación, Xosé Manuel Beirras Torrado.