Arquivo da categoría: Voltum Lunae

Voltum Lunae 009: halo de oscuridad. (08-11-2018)

Nesta novena entrega de Voltum Lunae, preséntase unha serie de bandas de estilo metal gótico, dando mostras unha vez máis do halo de escuridade que envolve a música que forma parte do programa. Tal e como poderá observar o oínte no track list, a maioría son grupos que aínda no soaran en Voltum Lunae, tales como Alkonost, deixándonos oír unha canción en ruso, ou Lord of the lost, grupo alemán de metal gótico que nos presenta unha escura e romántica canción do seu último traballo, titulada The arth of love.

Track list: Seguir lendo

Voltum Lunae 008: Voces en las tinieblas (25-10-2018)

Oitavo programa de Voltum lunae dedicado a bandas de estilo metal gótico e metal sinfónico, todas elas procedentes de América Latina, España, Galicia e Portugal. A intención é amosar aos seguidores deste estilo musical, que nestes países tamén hai varias agrupacións que representan ambos xéneros musicais. Tal e como se indica no track list, os oíntes poderán comprobar que, unha vez máis en Voltum lunae, incluíuse unha canción de grupo portugués Moonspell, que xa se puido escoitar noutras ocasións anteriores.

Track list: Seguir lendo

Voltum Lunae 007: black, death, doom metal. (11-10-2018)

Neste programa englobáronse diferentes conxuntos musicais pertencentes ao xénero do metal e, especialmente, explórase o subxénero black, death e incluso se fará unha lixeira mostra do metal industrial.
Finalmente, esta viaxe dedicado a este xénero tan variado da música, péchase con dúas cancións de doom metal, as cales posúen ritmos lentos e proporcionan un toque moi nocturno a Voltum Lunae.

Track list: Seguir lendo

Voltum Lunae 006: La carpa de rarezas (20-09-2018)

Neste sexto programa de Voltum lunae, ofrécese un espectáculo de variedades a través da música baixo a carpa do circo, subíndonos ao carrousel e deixando voar a imaxinación. Para este fin, preséntanse diversos xéneros, non só o circense, senón tamén o dark cabaret, música de serie B, algo de metal e incluso cancións pertencentes a obras cinematográficas.

Track list: Seguir lendo

Voltum Lunae 005: Un día calquera en Compostela (30-08-2018)

O quinto programa de Voltum lunae trasládase a principios dos oitenta, para iniciar unha viaxe musical ao longo dunha década. Inténtanse reflectir diferentes tendencias musicais, partindo desde os últimos ecos do punk rock, e a través de diferentes estilos como o rock siniestro, afterpunk, noise rock ou mesmo ethereal wave.
Repásanse algunhas das bandas máis emblemáticas, moitas das cales aínda seguen en activo, e que evolucionaron cara un son máis contemporáneo.
A pesar de todas as etiquetas mencionadas, a esencia do programa é, simplemente, gozar da música libremente.

Track list: Seguir lendo

Voltum Lunae 004: Un paseo polo bosque (02-08-2018)

Nesta ocasión, o programa de Voltum Lunae trasládase ao bosque, para percorrer as súas terras dende a tarde ata a escura noite. Con este fin, recorreuse a diversas bandas de dark wave, new wave e dark ambient que, á súa vez, incorporan sons da naturaleza, os cales proporcionarán á audiencia a posibilidade de imaxinar aínda mellor as paisaxes dos bosques: cascadas, vento entre as árbores, voces que lembran ás fadas e ata puede que una estrela fugaz ao final do noso paseo nocturno.

Track list: Seguir lendo