Voltum Lunae

Logo Voltum LunaePrograma musical para escoitar cancións de grupos e estilos non comerciais; por exemplo, gothic e as súas variantes. Tentamos buscar, para cada episodio, un tema ou concepto (xeográfico, xénero musical, estado de ánimo…) e emitir cancións asociadas a iso, creando lazos e potenciando a imaxinación grazas a cancións, a priori, de estilos diferentes. Así mesmo, está prevista a posibilidade de entrevistar a xente do mundo musical galego e de Portugal.
Equipo: Andrea Nantes, Gabriel Ángel