Obradoiro de Edición de Son para radio
Xa está en marcha o obradoiro de edición de son para radio que imos realizar o vindeiro 1 de decembro, de 16h a 19h, na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela e no cal poderás descubrir como realizar tarefas sinxelas como extraer cortes dunha entrevista ou outras de máis elaboración como realizar montaxes con diferentes fontes de son utilizando software libre.
O prezo xeral do obradoiro é de 25€, aínda que os socios e socias de Radio campUSCulturae obterán un prezo reducido de 15€.
Podes inscribirte ata o vindeiro 29 de novembro.
Ponte en contacto connosco a través do seguinte formulario, ou tamén a través do email [email protected], o número de teléfono 881 816 559 ou, se o prefires, visítanos na sala V4 da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC.
Erro: Formulario de contacto non atopado.