A linguaxe é a ferramenta esencial de todo comunicador, polo tanto toda persoa que colabore nesta emisora universitaria debe coidar os termos a utilizar e rexerse polos seguintes principios básicos:
- Tratar a todas as persoas e oíntes con respecto e cortesía.
- Velar para que os contidos dos programas non sexan racistas nin utilicen unha linguaxe discriminatoria.
- Coidar o uso da linguaxe e o humor por parte dos redactores, produtores e locutores.
- Facer uso dun léxico sinxelo pero sen utilizar palabras malsoantes nin caer na vulgaridade.
- Non promover nin incentivar a violencia baixo ningunha das súas formas e tomar posición en casos de discriminación, violación, inxustiza e/ou violencia de calquera tipo.
- Promover un espírito creativo e innovador onde o plaxio sexa considerado unha ofensa grave.
- Ter sempre presente o espírito docente propio da misión universitaria.
- Promover a pluralidade cultural e social.
- Consultar varias fontes e establecer a súa idoneidade, co propósito de acadar unha información obxectiva.
- Contar cunha adecuada planificación, onde a improvisación ou o traballo en directo estean sempre enmarcados dentro dun esquema (guión) previamente preparado.