Faite socio/a

A Asociación Universitaria Cultural Radio campUSCulturae pretende ser un punto de encontro para estudantes e ex-estudantes da Universidade e tamén para todas as persoas interesadas en manter viva esta canle de comunicación que, ao mesmo tempo, serve para afianzar as destrezas comunicativas de quen participa de xeito activo na súa programación, nomeadamente o estudantado de áreas relacionadas con Xornalismo e Comunicación Audiovisual.
A Asociación, e o proxecto da radio, é de carácter non lucrativo, pero aínda así ten uns gastos anuais que necesitan ser cubertos para o seu funcionamento. É por iso que, adquirir a condición de socio/a, ten un custe. Neste caso temos dúas opcións: Unha cota anual de 25 € e unha semestral de 15 €.
A condición de socio é imprescindible para ter dereito á participación na creación de contidos para a radio; e ao mesmo tempo dá dereito a outras vantaxes como o acceso a programas de formación no ámbito da comunicación radiofónica.
Para facerte socio/a só necesitas poñerte en contacto connosco a través do seguinte formulario ou visitándonos na sala V4 da Facultade de CC. da Comunicación (Campus Norte), na Avda. Castelao S/N (Santiago de Compostela).
Tamén podes descargar aquí a ficha de inscrición que debes cubrir.

Nome

Email

Asunto

Mensaxe