A Asociación Universitaria Cultural Radio campUSCulturae é unha organización sen ánimo de lucro que foi creada en 2015 polo equipo coordinador de Radio campUSCulturae naquel momento para darlle continuidade á iniciativa posta en marcha ao abeiro do proxecto campUSCulturae o 13 de febreiro de 2014: a Radio campUSCulturae.
Os membros fundadores da asociación, e tamén da primeira Xunta Directiva, foron: J. Antonio España (Toni) como presidente, Jonathan Barral como vicepresidente, Germán P. Valcarce como secretario, Iria Piñeiro como tesoureira e Xosé Antonio Neira como vocal.
A actual Xunta Directiva está formada polos seguintes membros:
- Presidente: Jonathan Barral Otero
- Secretario: David Leiro Magdalena
- Tesoureira: Iria Piñeiro Verde
- Vocal: José Antonio España Faqué
- Vocal: Germán Pablo Valcarce González
Os principais fins da Asociación son:
- Divulgar e dar a coñecer a creación de contidos informativos, culturais, recreativos e divulgativos en formato radiofónico e multimedia.
- Dar cabida a formas de expresión informativa e comunicativa na que poidan participar aquel as persoas ou colectivos vencellados á Asociación.
- Promover a radio, en formato multimedia, como medio e canle para a democracia, a participación, o pluralismo e o respecto e promoción da diversidade.
- Investigar sobre novas formas e formatos no ámbito da creación e da comunicación.
- Potenciar a comunicación e a información relativa á vida universitaria.
Para levar a cabo os seus fins, a asociación poderá organizar as seguintes actividades:
- A produción, realización e difusión de contidos radiofónicos.
- A organización de actividades formativas, divulgativas e de promoción relacionadas coa radio e a Universidade.
- A realización, produción e difusión de material multimedia sobre os contidos relacionados cos fins da Asociación.
- O mantemento dunha programación radiofónica e multimedia con vocación de continuidade e sen ánimo de lucro.
Tamén podes ver aquí os estatutos da asociación.