Sexto Grao 010 (04-05-2018), con Oscar Antón Perez
Hoxe sométese ao sexto grao… Oscar Antón Perez, nado na parroquia de Oirán en Mondoñedo, fillo de labregos e dun tempo de loitas sociais, non dubidou en formarse como Enxeñeiro Técnico Agrícola e en envolverse en movementos culturais, sociais e políticos. Actualmente traballa como asesor da denominación de Orixe Protexida do Pemento de Herbón e redactor técnico da revista Afriga, entre outros moitos. Preocupado polo seu país e polo seu tempo, escribe artigos de opinión en Praza.gal e no seu blogue Acheite.
Playlist de Oscar Antón Perez:
Tratorada. Rastreros. Disco Union Bravú. 1996
O meu amor, Leilia. Madama. 2003
Rock And Roll. Led Zeppelin. Led zeppelin IV. 1971
O viramundo. Bethânia, Vinicius, Toquinho. La Fusa. 1972
Alborada Jazz. Guadi Galego, Anxo Angueira e Abe Rábade. Disco Rosalia 21. Ano 2009