Buran 022 (18-10-2018)
As cousas non son o que parecen. Case nunca. Neste programa a tripulación analiza unha boa presada de cancións que falan en realidade de cousas inesperadas. Inocentes temas sobre paxariños que son un canto á revolta social, óperas para iniciar unha revolta contra as forzas de ocupación ou músicas indie con subtexto LGBTQ. Sen esquecer todo o que a galeguidade oculta tras a auga e os muíños.