Burán 008 (09-11-2017)
Buran regresa na segunda tempada falando novamente de vampiros, nesta ocasión con perspectiva contemporánea. Falamos do vampiro como ser problemático que se enfronta a unha natureza diferente, tamén como representación do marxinal e da súa relación coa sexualidade (especialmente co lesbianismo). E pasando polas versións humorísticas e por aquelas propostas que trataron de convertelo nunha fantasía conservadora. Movéndonos na longa distancia que vai de Cris Pavón e Stephenie Meyer e con músicas de Arctic Monkeys, Muse ou Legião Urbana.