Buran 032 (25-04-2019)

Logo Buran

Compartindo piso.
A historia da humanidade é a historia dos compañeiros de piso, unha saga que comeza cando Trog e Urg decidiron que sería boa idea partillar aquela caverna tan mona xuntos e das atrocidades que pasaron despois. Neste episodio contamos con Miguel Baamonde, un autoestopista galáctico famoso por compartir vivenda por todo o planeta e escoitamos grandes grupos que trataron o tema da partilla como Los Hermanos, Beach Boys e outros que coñecedes pola tele.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *