Arquivo da categoría: Rock and Gol

Rock And Gol 007 (30-09-2018)

Rock And Gol 006 (23-09-2018)

Neste novo episodio de Rock And Gol centrarémonos no mundo do fútbol nos Estados Unidos. A súa historia, desenvolvemento, a organización, equipos e xogadores icónicos, a selección nacional masculina e feminina, así como una ollada global á súa situación actual e as particularidades que vive o ‘soccer’.

Tracklist: Seguir lendo

Rock and Gol 005 (12-08-2018)

Quinto programa de Rock And Gol no que afondaremos na historia do fútbol feminino, facendo especial fincapé nos seus inicios, na mirada masculina e poñendo atención nas mellores competicións a nivel de clubes e seleccións. Para rematar cunha pincelada da situación actual en España e Galiza. Todo isto acompañado polos mellores grupos e artistas femininos da historia do rock.

Tracklist: Seguir lendo

Rock and Gol 004 (05-08-2018)

Cuarto programa de Rock and Gol onde remataremos a serie ‘God Save The Football’. Nesta última entrega relacionada co fútbol e o rock inglés, faremos a derradeira viaxe por Inglaterra coñecendo cales son os equipos favoritos dos grandes artistas e grupos do rock de Inglaterra.

Tracklist: Seguir lendo

Rock and Gol 003 (29-07-2018)

Terceiro programa de Rock and Gol onde continuaremos coa serie ‘God Save The Football’ cun percorrido polo mundo do rock e do fútbol de Inglaterra. Visitaremos os grandes clubes de fútbol do país británico acompañados pola música daquelas bandas ou artistas afeccionados a ditos equipos. Sheffield, Liverpool, Mánchester e Londres serán as protagonistas deste programa.

Tracklist: Seguir lendo

Rock and Gol 002 (22-07-2018)

Segundo programa de Rock and Gol que abre unha serie de dous capítulos chamada ‘God Save The Football’, onde coñeceremos máis sobre o fútbol inglés e descubriremos grandes éxitos do seu rock. Neste primeiro capítulo falaremos sobre a Selección Inglesa de Fútbol, dende a súa orixe ata as épocas actuais, amosando os vaivéns e a traxectoria dos creadores do fútbol moderno. Todo iso unido ao mellor rock inglés.

Tracklist: Seguir lendo