Arquivo da categoría: Tren De Medianoche

Tren de Medianoche 062 (07-12-2018)

Angel Marcelo descóbrenos a faceta máis poética dun cantautor inconfundible: Marwan Abu-Tahoun Recio, máis coñecido como “Marwan”. Coralie Yap-Chine, no “Vagón de los Sentimientos”, cambia de época e de país. Partimos cara o ano 1919 na Rusia dos Bolcheviques para lembrar un intento de abolición do diñeiro. Un episodio da historia bastante pouco coñecido… con música de Stravinsky. Entrevistamos finalmente a Gonzalo M. Gesto Quiñoy, avogado e socio de Fiare, quen respondeu positivamente á nosa invitación para explicarnos o que, a priori, parece máis ben un oxímoron: BANCA ETICA… O diñeiro é tabú ou é posible unha reconciliación?

Tren de medianoche 061 (30-11-2018)

Marcelo Saffores abre o programa pinchando éxitazos musicais que parecían anunciar ol xurdimento de grandes estrelas do pop rock, e que finalmente quedaron en falsas promesas… Pero sempre recordaremos a Linda Perry cos seus interminables “eeeeh y eeeeeeh y eeeeeeh yeah yeah!!” Coralie Yap-Chine no Vagón dos Sentimentos, trae artigos e entrevistas variadas para abordar un tema moi polémico, con moitas implicacións tanto técnicas como económicas, políticas, sociais e éticas: o transhumanismo, esa filosofía que defende o superhome, a superlonxevidade, a superfelicidade, etc. a través dos avances en biotecnoloxía. Cunha primeira pregunta: e ti, quererías ser inmmortal?

Tren De Medianoche 060 (23-11-2018)

Tren De Medianoche 059 (16-11-2018)

Ante o anuncio da súa próxima xira de despedida, Angel Marcelo púxose heavy cunha crónica dedicada á banda británica Deep Purple, con especial fincapé no seu álbum mítico Made in Japan do 72. Manuela Burgo Dutrênit sempre está para botar unha luz sobre, como elas lles chaman, os nosos “puntos cegos”. Esta semana cunha crónica sobre a nosa relación co noso corpo. Listos e listas para probar unha pequena sesión de meditación en directo? Non o perdan: sensacional! 👉 Coralie Yap-Chine, na súa columna El Vagón de los Sentimientos, vai na busca das súas orixes e dos seus ancestros cunha sección viaxeira sobre as illas Yap, a primera dunha serie sobre a súa historia familiar, con músicas de distintas partes do mundo e un guiño especial a Galicia. MÚSICA, SENSACIÓNS, HISTORIAS PERSONAIS e VIAXES: velaí vai o “Tren de Medianoche”!!!!

Tren De Medianoche 058 (09-11-2018)

Angel Marcelo fálanos do último biopic da estrela de rock Freddie Mercury, coa película que vén de estrearse “Bohemian Rhapsody”. Entre mitos e miserias, ¿con qué quedas? Lanzamos unha colaboración de cine coa voz de Luis Martin Ruiz: “El cowboy de medianoche”, para volver ao año 1957 e unha fermosa reflexión sobre o parlamento final de “El increíble hombre menguante”. ¡Aaaacción! Coralie Yap-Chine, na súa columna El Vagón de los Sentimientos, confesa unha das súas últimas contradiccións sobre o amor e o concepto de “fidelidade”. MÚSICA, CINE, MITOS, AMOR cunha selección sonora de 10: velaí vai o programa do Tren de Medianoche 58!!!!

Tren De Medianoche 057 (02-11-2018)

Entre cronopios, famas e esperanzas Angel Marcelo mergúllase na obra de Julio Cortázar, con música. Na súa columna El Vagón de los Sentimientos, Cora fálanos de manipulación, maltrato e violencia de xénero.