Especial Eleccións Xerais (26-06-2016) [audio]

Un total de 36,51 millóns de españois estaban chamados a votar este domingo 26 de xullo. O avance de participación das seis da tarde indicaba que estes comicios poderían ser os de menos participación do actual período democrático. Finalmente non foi así e a porcentaxe de votantes nestas elección foi mesmo superior á cita de decembro de 2015, cun 69’84% de participación.

Resultados das xerais 2016 en España
Resultados totais en España

Os resultados finais, co 100% escrutado, contrastan coas sondaxes dos pasados días. O Partido Popular recupera terreo respecto a decembro e acada 137 escanos. O PSOE perde cinco deputados e segue a ser a segunda forza política do estado con 85 escanos. A coalición Unidos Podemos, xunto coas confluencias, a pesar de sumar desta volta ao grupo a formación Izquierda Unida, consegue o mesmo número de deputados de en 2015: 71. Mentres, Ciudadanos, perde oito escanos e queda con 32.

Resultados das Xerais 2016 en Galicia
Resultados en Galicia

En Galicia o Partido Popular acada 12 escanos, dous máis que nos anteriores comicios. O PSdG-PSOE mantén os seis deputados que acadara nos anteriores comicios. Mentres, a coalición Unidos Podemos con En Marea, ANOVA e Esquerda Unida perde o seu deputado pola provincia de Ourense. Tamén Ciudadanos perde o escano acadado na anterior cita coas urnas na nosa comunidade. Pola súa banda, o BNG segue sen representación no congreso dos deputados e incluso sofre unha significativa baixada en votos.



Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *