Especial Eleccións Xerais 28A (28-04-2019)

Eleccións Xerais 28A

28A Reparto de escanos no EstadoPrograma especial, dirixido por David Cofán, realizado en directo para dar conta dos resultados das eleccións xerais do 28 de abril de 2019. Algo máis de catro horas de emisión en directo no que se foron descubrindo os datos dos resultados tanto no total do estado como en Galicia.
No que respecta ao total do estado, o vencedor foi o Pedro Sánchez e PSOE, que acadou 123 deputados, preto do dobre que o PP, segunda forza no congreso con 66 escanos e perseguido moi de cerca por Ciudadanos con 57. Mentres, Unidas Podemos, xunto coas súas confluencias, sumou 42 deputados. Vox entra no congreso con 24 escanos e ERC gaña en Cataluña con 15. Nesta comunidade o dominio das forzas nacionalistas é indiscutible, igual que en Euskadi onde tanto o PP coma Ciudadanos quedaron sen representación.

28A Reparto de escanos en GaliciaEn Galicia gañou por primeira vez o PSOE, con 10 escanos mentres que o PP queda con 9, polo que o secretario xeral dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero, xa fala do fin da era Feijóo. No grupo popular apuntan á fragmentación do voto do centro dereita como causa dos seus malos resultados. En Común – Unidas Podemos obtén 2 escanos e Ciudadanos outros 2. Ningunha das forzas nacionalistas obtivo representación. Aínda así, dende o BNG valoran positivamente tanto a campaña como o resultado obtido xa que superaron o dobre dos votos que recibiran nos anteriores comicios de 2016. Pola súa banda, os datos de En Marea, con tan só o 1% de porcentaxe de voto en Galicia – unha quinta parte do obtido por Vox -, deixan nunha situación moi complicada tanto a formación como ao seu líder Luis Villares.

28A Reparto de senadores no Estado e en GaliciaEn canto aos resultados das eleccións ao Senado, dos 208 senadores a elexir, o PSOE obtén a maioría absoluta con 121, máis do dobre que o PP que queda con 56. En Galicia, os 16 senadores a elexir repártense entre populares e socialistas con oito cada por cada formación.



Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *