Presentación Tempada 2019-2020 (24-09-2019)

Momento da presentación da nova tempada de RCC

Momento da presentación da nova tempada de RCC

Programa especial de Presentación da tempada 2019-2020 de Radio campUSCulturae, realizado en directo dende a sala de cine da Residencia Universitaria Burgo das Nacións.

O evento abriuno o director da residencia universitaria, Eduardo Rey, e ademais do condutor do programa, Jonathan Barral, participaron tamén integrantes de varios programas da grella de radio campUSCulturae como Estudio 54, Sónica Cuántica, Burán, Sexto Grao e Mix Club. Tamén houbo tempo para presentar a nova andaina de Select Game, Tren de Medianoche e Compostela Cultural ademais de adiantar algúns dos programas especiais que se aveciñan, coma o que haberá esta fin de semana con motivo do día do deporte en Santiago de Compostela e o que haberá o vindeiro 10 de novembro para retransmitir e analizar os resultados das eleccións xerais.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *