Radio CampUSCulturae asina un convenio de colaboración coa libraría Os Mundos de Carlota

Nathalie Budiño e Jonathan Barral diante da libraría Os Mundos De CarlotaEste martes, 9 de outubro de 2018, o presidente da Asociación Universitaria Cultural Radio CampUSCulturae, Jonathan Barral Otero, e a xerente da libraría Os Mundos de Carlota, Nathalie Budiño Gasamans, asinaron un convenio de colaboración anual. Deste xeito, a libraría compostelá, situada na rúa de San Pedro nº 52, únese a Galiconsum e a USC como entidade colaboradora.
A asociación, encargada de xestionar a emisora Radio CampUSCulturae, segue á procura de colaboración de comercios que tamén queiran formar parte desta iniciativa e agarda que o listado de colaboradores aumente nun breve período de tempo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *