Sexto Grao 009 (13-04-2018), con Lorena Souto

Hoxe sométese ao Sexto Grao Lorena Souto, nada no Páramo en Lugo, estudou filoloxía galega en Compostela, cidade na que viviu ata hai algúns anos en que marchou a Gales como profesora universitaria de galego e para rematar a súa tese de doutoramento. Escritora de varios poemarios galardoados en diversos concursos como Fase de Trema ou Coleópteros, así coma outros proxectos culturais. Con ela usaremos as palabras para falar da palabra.

Playlist seleccionada por Lorena Souto:
9Bach-Ffarwel (Tincian)
Noise Project – A casa do ancián (Asuntos que se resolven co tempo)
Baiuca – Solaina (Faiado)
A ruta invisible – (Fractura). O proxecto con David Miranda en primicia.
Glass Animal – Psylla
Dafydd Iwan – Yma O Hyd

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *