Tren de Medianoche 062 (07-12-2018)

Angel Marcelo descóbrenos a faceta máis poética dun cantautor inconfundible: Marwan Abu-Tahoun Recio, máis coñecido como “Marwan”. Coralie Yap-Chine, no “Vagón de los Sentimientos”, cambia de época e de país. Partimos cara o ano 1919 na Rusia dos Bolcheviques para lembrar un intento de abolición do diñeiro. Un episodio da historia bastante pouco coñecido… con música de Stravinsky. Entrevistamos finalmente a Gonzalo M. Gesto Quiñoy, avogado e socio de Fiare, quen respondeu positivamente á nosa invitación para explicarnos o que, a priori, parece máis ben un oxímoron: BANCA ETICA… O diñeiro é tabú ou é posible unha reconciliación?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *