Voltum Lunae 003 (19-07-2018)

O terceiro programa de Voltum lunae, situado xa nas noites dos xoes, está dedicado ás criaturas da noite máis coñecidas, os vampiros. O programa ábrese coa canción “Libera me”, pertencente á película “Entrevista co vampiro” e, a continuación, vaise facendo un percorrido a través de diferentes bandas de estilo metal gótico, cuxas melodías e letras deixan traslucir o tema do vampirismo.
Así mesmo, a audiencia poderá comprobar que esta vez Voltum lunae vai in crescendo, xa que, a medida que transcorre o programa, pásase de oír voces vampirescas máis quedas e románticas, a outras que soan máis airadas, máis enfurecidas; con isto se amósase a dobre cara que caracteriza a estas aves nocturnas.

Tracklist:

1. Libera me – Interview with the vampire, (soundtrack.)
2. Illusion – Trail of Tears.
3. Graveland – The 69 Eyes.
4. Frozen – Delain.
5. Vampire – Xandria.
6. The stone – Charon.
7. Ukriti Wimiar – Artrosis.
8. Mare Nectaris – Asgaard.
9. Mare Crisium – Asgaard.
10. Tragical memories – Penumbra.
11. Through the shadows – Insomnium.
12. Death vision – Cadaveria.
13. Zephyr – November’s Doom.
14. Dark angels ascension – Avrigus.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *